Limpeza da Carballeira da Chan, en Caritel, para celebrar o campionato de campo a través

Máis de 700 nenos de sete concellos participarán na competición deportiva
Publicado por o día 20/01/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Limpeza da Carballeira da Chan, en Caritel, para celebrar o campionato de campo a través

O Concello de Ponte Caldelas executou a limpeza da Carballeira da Chan, en Caritel, onde o vindeiro martes, 21 de xaneiro, se celebrará unha competición deportiva escolar de campo a tráves, na que participarán máis de 700 nenos dos centros educativos de Primaria e Secundaria de sete concellos da comarca: Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Soutelo de Montes e Campo Lameiro.

Para que o campionato discorra nas mellores condicións posibles, o Concello de Ponte Caldelas realizou unha limpeza integral da carballeira, e dos viais que a rodean, retirando follas, ramas e outros elementos que puidesen entorpecer a correcta realización das probas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.