Limpeza xeral en Eduardo Pondal

Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral en Eduardo Pondal

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa esta semana coas limpeza xerais en distintos barrios do concello. Será na rúa Eduardo Pondal, dende Alcalde Hevia até Uxío Novoneira.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.