Limpeza xeral na avenida de Bos Aires

Publicado por o día 09/01/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral na avenida de Bos Aires

A Concellaría de Servizos retoma as limpezas xerais tras o remate do Nadal. Nesta ocasión limparase a avenida de Bos Aires, no lateral dereito dirección Monte Porreiro, dende a Ponte dos Tirantes até a rotonda da Ponte das Palabras.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.