Limpeza xeral na rúa Gaiteiro Ricardo Portela

Publicado por o día 19/02/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral na rúa Gaiteiro Ricardo Portela

A Concellaría de Servizos continúa coas limpezas xerais no barrio da Parda. Nesta ocasión será na rúa Gaiteiro Ricardo Portela.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello