Limpeza xeral na rúa Mestre Soutullo

Publicado por o día 11/01/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral na rúa Mestre Soutullo

A Concellaría de Servizos continúa nestes días coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será na rúa Mestre Soutullo.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. Nas rúas nas que se precise prohibir o estacionamento, colocaranse valados con esta indicación durante a xornada de hoxe. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesm tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.