Limpeza xeral na rúa Peregrina

Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral na rúa Peregrina

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa esta semana coas limpeza xerais en distintos barrios do concello. Será na Peregrina, dende a Fonte dos Nenos até a Ponte con Eduardo Pondal.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.