Limpeza xeral na rúa Urco, Ouro e Fonte da Moureira

Publicado por o día 20/06/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral na rúa Urco, Ouro e Fonte da Moureira

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana coa limpeza xeral en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será nas rúas Urco, Ouro e Fonte da Moureira.

A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor na tarde do mércores. Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.

A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.