Limpeza xeral na urbanización de Xoán XXIII (Fonte Santa)

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral na urbanización de Xoán XXIII (Fonte Santa)

A Concellaría de Servizos continúa nestes días coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será na urbanización de Xoán XXIII, en concreto as rúas fotógrafo Zagala, Escultor Acuña, Fotógrafo Pintos e travesías intermedias.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. Como é preciso prohibir o estacionamento, están valados con esta indicación dende onte pola tarde. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.