Limpeza xeral nas rúas Almirante Matos, Monteleón e Fonte do Corvo

Publicado por o día 04/07/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral nas rúas Almirante Matos, Monteleón e Fonte do Corvo

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana coa limpeza xeral en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será nas rúas Almirante Matos, Monteléon e Fonte do Corvo.

A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor na tarde do mércores. Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.

A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.