Limpeza xeral nas rúas dos Montes, Soutos e As Devesas

Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Limpeza xeral nas rúas dos Montes, Soutos e As Devesas

A Concellaría de Servizos continúa coas limpezas xerais no barrio da Parda. Nesta ocasión será no ámbito das rúas das Devesas, Soutos e Montes.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.