Limpeza xeral nas rúas Palamios e Corto Santo

Por o 19/12/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra
Limpeza xeral nas rúas Palamios e Corto Santo
Compartir en:

A Concellaría de Servizos continúa nestes días coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión nas rúas Palamios e Corpo Santo, en ambas marxes. Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves.

Nas rúas nas que se precise prohibir o estacionamento, colocaranse valados con esta indicación durante a xornada do mércores. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.