Limpeza xeral nas rúas Ponte Nova, Monte do Taco e Ramón Peña

Publicado por o día 24/05/2017 na sección de Galicia,Pontevedra,Vigo

Limpeza xeral nas rúas Ponte Nova, Monte do Taco e Ramón Peña

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana coa limpeza xeral nos distintos barrios da cidade. Nesta ocasión serán as rúas Ponte Nova, Monte do Taco e Ramón Peña.

A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor na tarde do mércores. Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.

A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.