Limpeza xeral no barrio da Seca

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana
coa limpeza xeral nos distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será no barrio da Seca,
só na zona do campo de xogos, incluíndo as rúas periféricas que o arrodean.

A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de
estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor na tarde do mércores.

Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé. A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

Barrio da SecaCarme da SilvaLimpezaPontevedra

SIGUENOS EN TELEGRAM