Limpezas xerais nas rúas Fernando Olmedo, Casimiro Gómez e Fonte Santa

Por o 10/10/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
Limpezas xerais nas rúas Fernando Olmedo, Casimiro Gómez e Fonte Santa

A Concellaría de Servizos realiza esta semana dúas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Terá un carácter extraordinario o que se fará durante a mañá de mañá, mércores, nas rúas Fernando Olmedo e Casimiro Gómez. Está prevista ademais dunha limpeza xeral de todas as rúas, tamén o desbroce daqueles predios que podan invadir a rúa.

As rúas afectadas xa están valadas dende o luns, prohibindo o estacionamento. Ademais, para a madrugada do xoves está prevista a limpeza xeral habitual, nesta ocasión no barrio de Fonte Santa, entre as rúas Anxo Bugallo Alonso e Escultor Acuña.

Como vén sendo habitual, esta segunda limpeza farase na madrugada do xoves. Como é preciso prohibir o estacionamento, estarán valados con esta indicación dende mañá pola tarde. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.