O lixo dáche a benvida no Álvaro Cunqueiro

Por o 15/03/2016 | Sección: Vigo
O lixo dáche a benvida no Álvaro Cunqueiro

As silvas crecen en torno ao río Barxa e miles de plásticos e desperdicios rodean o recinto sanitario. Os usuarios botan en falta unha maior limpeza da contorna como tamén máis papeleiras. As poucas papeleiras desbordan de desperdicios e a seu aredor vaise acomulando lixo, as papeleiras enchense antes do mediodía.

Unha gran zona axardinada rodeaba o Hospital Álvaro Cunqueiro cando as autoridades da Xunta presentaron a maqueta do proxecto, pois ben,  na zona arxardinada hai quen bota bolsas de lixo nesa alfombra verde que ían ser os arredores do hospital. Grazas á construción do mega hospital gañaron unha nova zona para pasear os veciños e veciñas de Beade-Valadares e contorna pois dende a construción ditos veciños e veciñas están sufrindo a falta de limpeza no seu barrio.

Unha senda peonil bordea o hospital ao longo do río Barxa. Moitas persoas utilízana a diario para camiñar ou facer deporte. «Cun pouco de coidado, podería ser un lugar agradable para desconectar do asfalto». Pero non se percibe mantemento na zona. A maleza crece a ambos os dous lados do camiño. O río está cheo de ramas e entre elas depositáronse numerosos desperdicios cos últimos temporais.

A canle, ademais, vese entorpecido por unha árbore que atravesa o río de beira a beira. A pesar de que non se atope en bo estado, os veciños utilízano ante a escaseza de zonas de esparexemento na parroquia de Beade-Valadares.

A construción do hospital non supuxo ningunha mellora para o barrio. A estrada Venda é a que se atopa xusto detrás do hospital. Este viario enlaza o Parque Tecnolóxico de Vigo coa rúa Ramiro Pascual, a principal avenida de Beade.

Rubens Rocha