Localizada Almudena Piñeiro

A súa familia denunciou este sábado a desaparición da nova, de 15 anos, que fora vista por última vez no Centro Comercial Gran Vía
Publicado por o día 11/12/2016 na sección de Vigo

Localizada Almudena Piñeiro

Desactivada a busqueda de Almudena Piñeiro, a menor de 15 anos que desaparecera en Vigo despois de ir ao centro comercial Gran Vía o sábado. A menor cuxa familia denunciou este sábado a súa desaparición en Vigo foi localizada na tarde deste domingo en boas condicións, informou a asociación Sosdesaparecidos. A moza foi localizada en bo estado na contorna de Balaidos xunto ao seu noivo.

A familia denunciou a desaparición da moza, de 15 anos de idade, tras vela por última vez na tarde deste sábado no centro comercial Gran Vía de Vigo.

A asociación Sosdesaparecidos fíxose eco deste caso e publicou nas redes sociais unha imaxe da nena, así como varios teléfonos para dar pistas sobre o seu paradoiro, en tanto que a Policía Nacional iniciou unha investigación que deu os seus froitos.

Na tarde deste domingo os pais do noivo da moza, tamén menor, puxéronse en contacto coa Policía Nacional para denunciar a desaparición do mozo.

Ao redor das 17:49h, aproximadamente, volveron poñer en contacto cos axentes para dicirlles que o seu fillo chamáraos, que se atopaba ben, que estaba coa moza, tamén en bo estado, e para que os fosen a recoller.

Os pais dos dous menores acudirán este luns á comisaría para tentar esclarecer as circunstancias da desaparición.

Familiares e autoridades comezaron unha campaña de procura á primeira hora de hoxe para tentar localizala.

Noticias Vigo alégrase que Almudena aparecese.