Localizado o corpo sen vida dunha muller nunha cala en Doniños, Ferrol

Publicado por o día 07/04/2019 na sección de Sucesos

Localizado o corpo sen vida dunha muller nunha cala en Doniños, Ferrol

Un bombeiro fóra de servizo atopou o corpo sen vida dunha muller nunha zona rochosa de Doniños, en Ferrol.

Decontado, informou aos compañeiros e ao 112 Galicia para o rescate do corpo, que se atopa nunha zona de difícil acceso. Pasaba media hora deste mediodía cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu a chamada e avisouse a Salvamento Marítimo e á Policía Local e Nacional con fin de identificar á persoas falecida e tratar de aclarar as circunstancias do suceso.

Tamén foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.