Localizado sen vida un octoxenario desaparecido no concello de Teo

Publicado por o día 14/10/2018 na sección de Sucesos

Localizado sen vida un octoxenario desaparecido no concello de Teo

Un home duns oitenta anos foi localizado sen vida pouco despois de que a súa familia denunciase a súa desaparición.

Os axentes da Garda Civil estaban pedindo reforzos para intensificar a busca cando atoparon ao home morto preto do seu domicilio.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás once da noite a través dunha chamada da Garda Civil para pedir a colaboración dos grupos de emerxencias e reforzar, así, a busca. A familia do desaparecido descoñecían canto tempo levaba fóra da casa, aínda que vivía preto deles, no Lugar de Covas.

Para intensificar os rastrexos, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Teo e os membros do GES da Estrada, pero pouco despois anulouse a súa saída, pois o octoxenario foi atopado sen vida preto do seu domicilio.