Localizado sen vida un veciño de Gomesende que faltou da casa onte á tarde

Publicado por o día 24/01/2020 na sección de Sucesos

Localizado sen vida un veciño de Gomesende que faltou da casa onte á tarde

Un home duns 80 anos apareceu falecido nunha finca despois de que a familia o estivese buscando pola parroquia do Val, en Gomesende.

Foi localizado pola familia contra ás tres desta madrugada tras varias horas de busca.

Arredor das cinco da tarde de onte notaron a falta do home do domicilio situado no Lugar de Vergazas, en Gomesende. Despois de poñer os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, púxose en marcha un operativo de busca para o que solicitaron a colaboración do 112 Galicia. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou aos voluntarios de Protección Civil de Gomesende e tamén aos da Mancomunidade das Terras de Celanova.

Xa ben entrada a madrugada, os voluntarios da vila puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar de que o señor fora localizado sen vida nunha finca.

Pola súa banda, os axentes da Garda Civil tratan de investigar as circunstancias do suceso.