Localizan a un condutor en Bembrive que realizara unha vertedura de entullos

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Localizan a un condutor en Bembrive que realizara unha vertedura de entullos

O pasado luns ás 18:00 horas, o 092 da Policía Local de Vigo, recibiu unha chamada polo motivo que na zona de Bembrive un veciño vira como un camión envorcara a súa carga de plásticos e sacos de entullos.

O material quedara depositado á beira dun contedor de lixo, aínda que o servizo de recollida non retira ese tipo de refugallos, co que posiblemente quedasen alí durante un período prolongado de tempo.

A Unidade encargada dese servizo, tras varias xestións, logrou localizar ao condutor do vehículo.

Posteriormente trasladáronse á sede da empresa á que pertencía, e en primeira instancia obrigáronlle á recollida dos refugallos, para depositalos no lugar habilitado para o efecto.

A maiores, solicitáronlles os albarás da carga, co fin de verificar os permisos en materia administrativa e cursar as correspondentes sancións por incumprimento da normativa vixente no ámbito ambiental.