Localizan a un menor fuxido e este posuía haxix nos seus pantalóns

Publicado por o día 22/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Localizan a un menor fuxido e este posuía haxix nos seus pantalóns

O pasado domingo ás 19:59 horas recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, alertando sobre unha suposta rifa tumultuaria de grupos de mozos na contorna do Centro Comercial Gran Vía.

As unidades desprazadas ao lugar, realizaron unha revisión, non observando ningunha incidencia nos termos obxecto do requirimento.

Aínda que, en atención á vixilancia e control en materia de seguridade cidadá, e polas habituais concentracións de mozas no lugar, realizáronse varias revisións.

Nunha das cales, observaron a un grupo, no que un deles fumaba o que parecía ser un cigarro de substancias estupefacientes.

Os axentes procederon á verificar ese particular, manifestou que non portaba nada consigo, motivo polo que se lle realizou un cacheo superficial, ocupándolle unha substancia resinosa de cor marrón, posiblemente haxix, que portaba no peto dereito do seu pantalón.

O citado resultou ser J. C. M, de Venezuela de 17 anos de idade, realizando cotexo dos seus datos mediante consulta co sistema telemático, pescudando que lle constaba incidencia como fuxido dun centro de menores da Xunta, con sede nesta cidade.

Efectuáronse xestións coa educadora do centro, manifestando que se trataba dun erro, debido a que o día anterior deuse de baixa a denuncia interposta.

Os actuantes realizaron o traslado do menor ao centro, pasando a facerse cargo do mesmo a citada educadora.

Informándolle do sucedido e a incoación de denuncia administrativa a Subdelegación de Goberno pola tenencia ilícita de substancias en vía pública.

Comentar noticia

Your email address will not be published.