Localizan a un turismo de alta gama que circulaba no mesmo sentido realizando unha condución errática na zona do Calvario

Por o 28/05/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Localizan a un turismo de alta gama que circulaba no mesmo sentido realizando unha condución errática na zona do Calvario
Compartir en:
Este domingo ás 02:30 horas na zona do Calvario, cando unha Patrulla de Axentes desta Policía Local de Vigo, en atención a labores de prevención e vixilancia do tráfico, observaron un turismo de alta gama que circulaba no mesmo sentido realizando unha condución errática consistente en cambios alternativos e bruscos de carril.
 
Para ese efecto procederon a darlle o alto ao seu condutor comprobando no momento da identificación que se trataba dun home I.M.V, nado e domiciliado en Vigo de 36 anos de idade que presentaba claros signos de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.
 
Tras realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, estas arroxaron un resultado positivo de 1,07 e 1,05 mg de alcol por litro de aire expirado en ambas as probas pasando o límite penal establecido en 0,65 mg en aire expirado.
 
Debido a este feito, abríronselle dilixencias por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.
 
Apenas unha hora despois e ao pouco de finalizar esta intervención, a mesma unidade e na mesma zona, atopábase detida nun grupo semafórico en fase vermella cando observaron ao condutor dunha motocicleta que ao tomar unha curva estivo a piques de caer á calzada, iniciando a persecución do mesmo e comprobando que realizaba aceleróns e freadas bruscos circulando en zigzag chegando a invadir o carril de sentido contrario con risco para a súa integridade e a dos demais usuarios da vía.
 
En consecuencia procederon a darlle o alto ao seu condutor que non obedecía tal requirimento ata que finalmente conseguen interceptar e deter a súa marcha, constatando que os feitos antes relatados obedecían a que presentaba claros signos de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.
 
Era tal o seu estado que en varias ocasións tiveron que suxeitalo para que non caese ao serlle imposible manter a verticalidad, mostrando mesmo incapacidade para articular palabra algunha coherente motivo polo cal lle someteron ás probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando un resultado positivo de 1,17 e 1,07 mg de alcol por litro de aire expirado en ambas pasando o límite penal establecido en 0,65 mg en aire expirado.
 
O citado resultou ser un home M.M.M, nado e domiciliado en Vigo de 40 anos de idade. Por este feito, abríronselle dilixencias por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.