Localizan a unha muller que fuxía da súa familia pernotando nas rúas de Coia

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Localizan a unha muller que fuxía da súa familia pernotando nas rúas de Coia

Este pasado domingo ás 00:04 horas, un veciño do barrio de Coia realizou chamada ao 092 da Policía Local de Vigo.

Alertou sobre unha muller que levaba pernoitando en vía pública 3 días, solicitando auxilio para solucionar a cuestión.

Unha patrulla dirixiuse ao lugar, onde se lles indicou o propietario dun local que está aberto 24 horas indicoulles que unha moza leva durmindo no lugar tres noite seguidas.

A citada, contáralle que esa mesma mañá roubáranlle as súas pertenzas e documentación.

Os Axentes entrevistáronse coa muller, referindo esta non saber os seus datos, ao que se engadía o feito de non falar ben o castelán, por ser de nacionalidade Romanesa.

Relatou que se foi da súa casa porque tiña problemas coa súa tía, engadiu que lle obrigaban a pedir para quitarlle todo o recadado, chegando ao momento de obrigala a camiñar desde o Calvario a Coia por que porque non lle dan diñeiro para coller o autobús.

Manifestou non querer vivir cos seus familiares, e que a súa documentación e pertenzas, quitárallas un tío varios días antes, ao levar o carro onde as gardaba e no que almacenaba os produtos que lle daba a xente.

Consultada a base de datos telemática, os axentes sospeitaron que a citada podía ser a que figuraba nunha denuncia de desaparición recente.

Por este motivo e ao carecer de todo tipo de documentación, procedeuse ao seu trasladado a Comisaría, verificando finalmente que efectivamente se trata da persoa que constaba desaparecida.

Agora ben, solicitou encarecidamente que non a levasen coa súa familia, xestionándose praza no albergue municipal.