Localizan no Calvario a dous menores que se atopaban desaparecidas

Por o 09/08/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Localizan no Calvario a dous menores que se atopaban desaparecidas
Compartir en:

A fuga de menores é motivo de noticia, ao caso rexistrado na madrugada do día de onte, hai que sumar o da mañá do mesmo día.

O inicio do suceso para resaltar, produciuse o día 29 do pasado mes de Julio, cando se presentou denuncia de desaparición dunha menor. A esta denuncia sumouse outra o día 01 do presente mes.

Na mañá de onte, o 092 recibiu unha chamada ás 09:32 horas informando sobre, dous menores (obxecto das denuncias indicadas) que posiblemente estaban fuxidas dos seus respectivos domicilios.

Parece ser, que o informante escoitou unha conversación na cal, ambas as menores comentaban o feito de que ían coller un autobús para marcharse da cidade, engadindo a esta información a descrición física e de indumentaria que levaban.

Unha patrulla desprazouse á zona do Calvario, localizando ás citadas, que camiñaban en dirección á estación de autobuses.

Á coincidencia cos datos achegados, sumouse o feito de que ao decatarse da presenza da patrulla adoptaron unha actitude evasiva, tratando de evitar ser interceptadas pola mesma.

Finalmente os Axentes conseguiron abordalas resultando ser M.D.C.D, nada en China de 17 anos de idade e E.G.D, de Xixón de 15 anos de idade.

Constatouse, tras a súa identificación que ambas tiñan senllas ordes de procura, activando o protocolo establecido para o efecto.

En primeira instancia, deuse aviso aos seus respectivos proxenitores, e mentres a primeira foi entregada no seu domicilio, a segunda foi trasladada a dependencias Policiais, acudíndose o seu pai para recollela.

Ambas descartaron problemas no ámbito familiar para actuar dese modo, indicando que o facían por que lles apetecía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.