Localizan un coche en condicións de abandono dado que carecía S.O.A. e de ITV

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Localizan un coche en condicións de abandono dado que carecía  S.O.A. e de ITV

Os Axentes da Unidade Executiva (especializada en xestionar o control, procura e localización de vehículos embargados, con síntomas de abandono e outros labores nese ámbito) localizaran un turismo que levaba varios días estacionado no mesmo lugar.

Tras verificación e cotexo, mediante uso da base telemática, comprobaron que se podía tratar dun vehículo en estado de abandono, dado que carecía de S. O. A. (Seguro Obrigatorio de Automóbiles) desde facía 7 meses e tiña caducada a ITV desde facía 15.

Iniciando os trámites establecidos, entre os cales se atopa a reportaxe fotográfica e marcada dunha das rodas.

Tras labores administrativos, ao volver ao lugar para marcado de control, constataron que o vehículo xa non se atopaba no mesmo punto, senón nas proximidades.

Deste xeito, iniciaron trámites de localización do condutor que utilizaba o vehículo en situación irregular.

Foi mediante unha revisión pola zona do Casco Vello, o pasado día luns ás 10:00 horas, que observaron a un home conducíndoo, procedendo a darlle o alto.

O aludido, fixo caso omiso e tratou de ausentarse do lugar, sendo interceptado por unha patrulla.

Unha vez detido o vehículo, informáronlle que se ían a cursar senllas denuncias, dobrando a contía das mesmas, á estipulada en caso de estacionamento.

En consecuencia realizaron a comprobación da identidade dos datos do condutor, que resultou ser A. P. C, de Vigo e 43 anos de idade, pescudando que ao anteriormente citado, engadíase o feito de que conducía co permiso correspondente caducado desde facía dous anos.

En atención a este feito, sumáronse ás denuncias mencionadas, a do propio condutor e procederon á inmobilización do vehículo, en aras a garantir a Seguridade Viaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.