Loitemos todos xuntos polo noso ferrocarril

Publicado por o día 31/07/2014 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Loitemos todos xuntos polo noso ferrocarril

Ante as constantes agresións ao Ferrocarril Público por parte do Ministerio de Fomento que tenden ao desmantelamento do Sector Público Ferroviario as que estamos respondendo con unha FOLGA de 46 horas convocada en Renfe Operadora e ADIF a partir da 1 da mañan do venres 31 de xullo…

O SINDICATO FERROVIARIO DA CONFEDERACION INTERSINDICAL e a CGT, en Galiza, CONSIDERAMOS NECESARIO TRASLADARLLE A TODA A CIDADANÍA A SEGUINTE MENSAXE:

¡¡LOITEMOS [email protected] [email protected] POLO NOSO FERROCARRIL!!

[email protected] @s cidadáns e cidadás coñecemos perfectamente que temos un dos mellores ferrocarrís da Unión Europea. Este ferrocarril nos costou moitos anos construílo, e pagalo, a base do noso esforzo e dos nosos impostos.

Os gobernos, en lugar de potenciar o noso ferrocarril mellorando a prestación do servizo e facilitando o acceso a un ferrocarril de calidade ao conxunto da sociedade, pretende agasallárllelo a empresas privadas. Como primeiro paso separaron a infraestructura da operación do transporte, e logo dividiron as empresas ferroviarias en seis pedazos, catro deles son sociedades anónimas para, por un lado, agasallar cos servizos rendibles ás grandes fortunas e que así poidan repartir pronto dividendos, e por outro, abandonar os servizos que non lles sexan “economicamente” rendibles, para deixar de prestalos e ir pechando liñas ferroviarias. Xa están “subastando” os trens do corredor de Levante, pechando estacións e reducindo á minima expresión o servizo público ferroviario minimizando ou despreciando a obriga de servizo público.

Os gobernos, para facer viable a súa política de privatización das empresas públicas, ADIF e RENFE OPERADORA, pretende facernos ver que o privado é mellor que o público, que nos custará máis barato os billetes e darán mellor servizo. ¡¡ O que é absolutamente falso!!, como fácilmente podemos comprobar nos sectores eléctrico ou no de telecomunicacións.

Berramos nas manifestacións: O PUBLICO É SERVIZO, O PRIVADO BENEFICIO.

A privatización dos ferrocarrís, suporá, en pouco tempo, un incremento de tarifas, a prestación dun servizo de peor calidade, o abandono de servizos que, como servizo público, atenden a toda a cidadanía, facilitan a movilidade de todalas xentes: ancians, nenos, persoas con movilidade reducida, etc…, vertebran o territorio, redistribuen renda e contribúen a paliar o crecente deterioro medioambiental que sufrimos pero, sen dúbida, o máis importante vai ser a merma paulatina da seguridade no transporte ferroviario que imos a sufrir como xa quedou demostrado alí donde se abandonou a súa xestión pública (Inglaterra ou Arxentina son alguns claros exemplos).

Todo iso é debido, principalmente a que, as empresas, o capital privado, alampan por obter beneficios o e non van mirar por investir en modernización, mantemento de infraestructura, instalacións ou trens. O seu é reducir gastos para obter beneficio fácil e rápido o que nos aboca, sin remedio, ao deterioro do patrimonio ferroviario conseguido co diñeiro público, de todas e de todos, e tamén, ao deterioro laboral, a precarización das condicions de traballo das ferroviarias e os ferroviarios que xeración tras xeración traballamos para conseguir, como xa dixemos, un dos mellores ferrocarrís da Unión Europea.

Ao marxe das agresións laborais que estamos sufrindo, a todas as manifestacións en defensa DOS SERVIZOS PÚBLICOS, as ferroviarias e ferroviarios, acudimos co lema:

“POR UN FERROCARRIL PÚBLICO E SOCIAL”, e iso é o que queremos transmitirlle, dende aquí, á toda a sociedade porque o ferrocarril, tal e como o coñecemos agora, está en perigo de extinción e hoxe nos toca a TODAS E TODOS DEFENDELO.

Somos conscientes das molestias que nestas datas se poden ocasionar pero é HOXE OU NUNCA, e por iso convocamos FOLGAS para os próximos días 31 de xullo e 1 de AGOSTO; unhas FOLGAS en todo o estado cun único obxectivo: DEFENDER o NOSO FERROCARRIL, o FERROCARRIL DAS CIDADÁS E DOS CIDADANS.

PRENSA SF INTERSINDICAL