López-Chaves clasura o foro sectorial e industrial de Galicia celebrado en Vigo

Por o 19/02/2019 | Sección: Galicia,Vigo,Xunta de Galicia
López-Chaves clasura o foro sectorial e industrial de Galicia celebrado en Vigo

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, clausurou hoxe o Foro Sectorial e Industrial de Galicia celebrado na Sede Afundación de Vigo. Na súa intervención o representante autonómico aproveitou para sinalar que o Goberno galego apoia ás empresas con axudas directas, pero tamén simplificando os trámites para facilitar os investimentos. ”Estamos convencidos de que o noso futuro pasa necesariamente polo apoio aos emprendedores e aos autónomos, pero tamén pola formación, con cursos adaptados ás necesidades do tecido empresarial”, apuntou.

Asemade, apelou ao traballo conxunto cos distintos sectores que permitiu “superar a crítica situación do naval ou a automoción para vivir hoxe momentos esperanzadores”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.