López-Chaves destaca a importancia de investir en cualificación e prioriza seguir impulsando o emprego entre a mocidade

O representante autonómico emprazou ao alumnado a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un traballo”
Publicado por o día 25/03/2019 na sección de Galicia,Redondela

López-Chaves destaca a importancia de investir en cualificación e prioriza seguir impulsando o emprego entre a mocidade

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o municipio pontevedrés de Redondela para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Redemprega. Neste obradoiro de emprego, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello, formáronse 16 menores de 30 anos nas ramas de deseño gráfico e carpintería.

Durante a clausura, o representante autonómico, acompañado polo alcalde Javier Bas, e o xefe territorial da carteira autonómica, Ignacio Rial, puxo en valor o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. Neste sentido, emprazou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un posto de traballo”.

En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.