López-Chaves participa na campaña ‘O que se enchufa, recíclase’ no CEIP Otero Pedrayo de Vigo

Publicado por o día 05/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Pontevedra, José Manuel González, participou hoxe no CEIP Otero Pedrayo de Vigo na actividade organizada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental O que se enchufa, recíclase.