López-Chaves visita Down Vigo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

Por o 21/03/2018 | Sección: Galicia,Vigo
López-Chaves visita Down Vigo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto á xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, desprazáronse hoxe ata a sede social de Down Vigo con motivo da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down.

Durante a visita, guiados pola presidenta desta asociación, María del Carmen López Barrero, coñeceron as instalacións dos centros das rúas Portela e Martínez Garrido e puideron comprobar in situ o traballo que realizan a diario de formación, orientación e apoio. Concretamente, o delegado mostrouse moi interesado nos programas e proxectos que desenvolve o centro, co que a Xunta de Galicia colabora activamente.

Un dos programas que máis chamou a atención de López-Chaves e Iglesias foi o de formación para baristas, impartido polo campión internacional de baristas profesionais, o vigués Marcos González, quen formará a unha persoa coa síndrome de Down para participar no Campionato Nacional desta disciplina.