López Font chama mentireiros a Marea de Vigo e Bng

Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

López Font chama mentireiros a Marea de Vigo e Bng

O portavoz do goberno local Carlos López Font en declaracións na rolda de prensa viu a manifestar que regulamento orgánico do pleno de Vigo foi aprobado fai tres anos, ninguén o recorreu, por tanto aprobouse dentro da legalidade absoluta, este regulamento marca un mínimo de tres concelleiros para constituír grupo propio e isto é dentro de conformidade coa lei reguladora de bases de réximes locais que é unha norma do estado español, por tanto na legalidade absoluta, Marea e BNG están a enganar, están a mentir e queréndose facer as victimas, dixo Carlos López Font.
 
Font di que “falan de que non van ter voz cando isto é mentira e absolutamente falso porque hai que aclarar que falasen como partidos como Marea e BNG”, falasen en todas as mocións, en todos os asuntos do pleno, terán dereito a rogos e preguntas, é dicir falasen en todo e de todo, pero evidentemente como marca o regulamento dentro do grupo mixto, manifesta Lopez Font.
 
O Grupo mixto é unha articulación simplemente administrativa e legal, que existen en todos os parlamentos e tamén amenten Marea e BNG cando se amparan aluden á normativa de Galicia, porque a normativa de Galicia di precisamente, que tendo menos de dous concelleiros débese ir ao grupo mixto, pero ese artigo non declara a obrigatoriedade que con dous concelleiros téñase dereito a grupo propio e ademas di Lopez Font que a proposta de Marea e BNG é antidemocrática porque en resumo o que queren é o mesmo tempo con dous concelleiros e cun concelleiro respectivamente o mesmo tempo que un grupo de vinte concelleiros e esta distribución de concelleiras foi unha decisión nas urnas libremente expresada polas viguesas e vigueses, conclúe Font na rolda de prensa.