Lores destaca o novo ciclo que comezará mañá co novo goberno local

Fernández Lores quere pór en valor a enerxía positiva da sociedade pontevedresa para dar un gran salto adiante.
Publicado por o día 14/06/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Pontevedra

Lores destaca o novo ciclo que comezará mañá co novo goberno local

O alcalde e candidato do BNG a revalidar mañá a Alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou hoxe que a partir da toma de posesión mañá “iniciamos un novo mandato” pensando unicamente en Pontevedra.

Fernández Lores explicou que o goberno que se conformará mañá despois do pleno de toma de posesión, está enmarcado dentro “dun novo ciclo logo de ter chegado a unha transformación da cidade que é base firme para ter un salto adiante”. Asegurou que a mellora da calidade de vida, o equilibrio territorial urbano e cidades, a mellora das infraestruturas para acadar un bo desenvolvemento económico”, serán algúns dos piares dese “Goberno forte” acordado co Partido Socialista.

Lores quixo pór en valor “a enerxía positiva que hai en toda a sociedade pontevedresa”. Afirmou que estamos “nun tempo novo, no que acabaron as cidades industriais, e temos que facer cidades actuais, un Concello actual no que a creatividade, novas tecnoloxías, a innovación e o medio ambiente sexa fundamental para seguir avanzando”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.