Lores presenta a candidatura ás municipais’19 o 22 de marzo na Afundación

Comezará ás 20.30 horas e estará arroupado por as mulleres e homes que integran a lista.
Por o 17/03/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Pontevedra
Lores presenta a candidatura ás municipais’19 o 22 de marzo na Afundación

O BNG de Pontevedra presentará oficialmente a súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, o próximo venres, 22 de marzo, nun acto aberto ao público e programado no auditorio da Afundación a partir das 20.30 horas no que estarán todas as mulleres e homes que acompañarán a Miguel Anxo Fernández Lores na lista coa que pretende revalidar a Alcaldía. Esta mañá foron os candidatos Anabel Gulías (número 2) e Demetrio Gómez (número 4) os que presentaron este acto “ao que convidamos a todos os pontevedreses”, asegurou Demetrio Gómez.

Os candidatos explicaron da dificultade de escoller un equipo “coa cantidade de xente que estaba a disposición, pero creo que o candidato fixo un equipo coordinado, cohesionado para levar adiante o proxecto que ten entre mans, e sacarlle todos os froitos posibles”, explicou Demetrio Gómez. Anabel Gulías, pola súa banda, asegurou estar “emocionada” por presentar
esta candidatura, “o equipo que temos”, e indicou que “temos que traballar todos xuntos porque o proxecto vén o merece”.

A número 2 da lista indicou que “confiamos no proxecto e estamos totalmente convencidos de que o mellor está por vir en posicionamento internacional; na xestión de residuos urbanos; na eclosión da economía creativa; na defensa dos intereses da cidade”.

Apuntou que o BNG en Pontevedra presenta ás vindeiras eleccións municipais “un equipo solvente e traballador e con amor á cidade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.