Los Marcianos, Ari Magritte, Epoje Tatum e Tincho Fernán son algúns dos artistas que actuarán a primeira edición de Cantares por el Camiño

Publicado por o día 25/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Los Marcianos, Ari Magritte, Epoje Tatum e Tincho Fernán son algúns dos artistas que actuarán a primeira edición de Cantares por el Camiño

En plena era dos festivais clónicos, aparece o “Cantares por el camino” un festival diferente en fondo e en forma. Para empezar, chega en outubro, co verán aínda na retina e ecoando aínda os sons dos, cada vez máis, numerosos festivais que hai en Vigo e arredores. Outra das novidades é que está organizado por unha canle de Youtube do mesmo nome, no que, desde hai uns meses, realizan gravacións acústicas dos principais artistas da cidade, que serán os principais protagonistas dunha noite, que terá lugar nun recuncho marabilloso, espectacular e descoñecido aínda para moitos, como é a Leira de Villasolita, en Alcabre (Vigo).

Dez serán as propostas que se darán cita esa noite, respectando o espírito acústico da canle, entre as que podemos atopar a formacións e solistas de diferentes xéneros. Entre eles, podemos atopar a Tronka Jazz Quartet, Sheila Patricia, Los Marcianos, Ari Magritte, Epoje Tatum, Walter César, Nos Molsom, Antonio Tato, Ritmoceronte e Tincho Fernán.

A cita será o próximo 5 de outubro ás 20:00 h e a entrada será gratuíta ata completar aforo.