Los Sauces Vigo celebra os seus 25 anos de historia e compromiso educativo

Publicado por o día 18/10/2019 na sección de Educación,Eventos,Galicia,Vigo

Los Sauces Vigo celebra os seus 25 anos de historia e compromiso educativo

O Colexio Los Sauces de Vigo celebrou hoxe un acto conmemorativo do vinte e cinco aniversario da súa inauguración, foi unha cita moi especial que se integra dentro dos eventos anuais para festexar esta data e lembrar o seu compromiso coa cidade e a súa área metropolitana.

O evento, que comezou ás 11.30 horas, desenvolveuse no pavillón polideportivo e contou coa asistencia da directora e subdirector xeral, Pilar Sainz e José Antonio Rois; o director do centro, Alberto Álvarez; profesores, alumnos e membros da comunidade educativa. Ademais, descubriuse un busto en bronce, realizado pola artista María Dolores do Olmo, ao seu presidente e fundador, Gonzalo Otero, falecido no 2017.

Os nenos foron protagonistas da xornada coa lectura dunhas redaccións e poemas sobre o que supón para eles a escola e a educación que reciben, así como unha exposición duns debuxos.

No termino, tivo lugar a entrega de diplomas honoríficos aos traballadores que cumpriron o cuarto de século dentro da Institución, a cal se llevá a cabo durante o transcurso dunha cea nun restaurante vigués.

Comentar noticia

Your email address will not be published.