Loulogio A contrapelo, no Teatro Afundación de Vigo

O venres 10 de febreiro estará en Santiago de Compostela, e o sábado 11, en Vigo
Publicado por o día 08/02/2017 na sección de Cultura,Vigo

Loulogio A contrapelo, no Teatro  Afundación de Vigo

O Teatro Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela acollerán o sábado 11 de febreiro ás 19.00 h, e o venres 10 ás 20.30 h, respectivamente, o espectáculo do popular monologuista, debuxante e Youtuber Loulogio, Isaac Sánchez. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: Ataquilla.com ou o teléfono 902 504 500.

O ESPECTÁCULO

A contrapelo é un espectáculo de humor raro e intelixente para non perder de un dos youtubers máis visualizados. Na vida pódese ir tirando, encaixando, suave, avanzando con alegría… Pero iso non é o normal. O normal é ir un pouco a contrapelo. Como Loulogio. Non hai máis que velo.

Loulogio é humorista, colaborador de televisión e creador en Youtube. Foi pintor e profesor de pintura ata que deu o salto á fama a través de Youtube, onde se fixo coñecido polos seus vídeos humorísticos. A súa canle de Youtube conta con case 500.000 subscritores, e os seus vídeos acumulan máis de 78 millóns de visualizacións.