Luís Bará pide á Xunta que retire o apoio institucional á matanza do raposo

Acusou a Medio Ambiente de non cumprir o acordo parlamentario de non participar na promoción da matanza do raposo e pediu retirar o apoio da Xunta
Publicado por o día 08/02/2019 na sección de BNG,Política

Luís Bará pide á Xunta que retire o apoio institucional á matanza do raposo

O deputado do BNG, Luís Bará formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre o apoio económico da Xunta a entidades relacionadas cos campionatos de caza do raposo no período, 3013-2018.

Na súa intervención,  amosou un documento da Xunta de Galiza para denunciar o apoio institucional a esta actividade que  cualifico de “matanza indiscriminada”. Hoxe, dixo, non estamos nun debate sobre a caza,  estamos a falar da “matanza de raposos  entendida como a Champions league para ver  quen mata máis e no prazo máis curto”.

Bará tildou a caza do raposo de acto brutal con máis de 75.779 raposos mortos nas  cacerías e  afirmou, que o raposo cumpre a función de librar o monte de animais enfermos e mortos impedindo, ademais,  a propagación de enfermidades e  pandemia de borreliose. “Non se pode entender como deporte unha actividade que conleva a morte gratuíta de calquera especie, incide negativamente no equilibrio ecolóxico e na saúde das persoas” como afirma dixo, a Sociedade galega de Historia Natural.

O deputado do BNG rematou a súa intervención recalcando que a Xunta “non pode seguir patrocinando a matanza do raposo” polo que pediu á directora xeral de Medio Ambiente un compromiso nesta liña.