Luís Garicano: “Cidadáns propón unha tarifa plana para viaxar en tren ou autobús por toda Galicia”

O cabeza de lista de Cs ao Parlamento Europeo e responsable da área de economía do partido, Luís Garicano, presentou este xoves en Santiago de Compostela as propostas de Cidadáns para mellorar as infraestruturas de Galicia e outras medidas económicas para loitar contra o despoboamento e o envellecemento en Galicia
Publicado por o día 19/04/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Luís Garicano: “Cidadáns propón unha tarifa plana para viaxar en tren ou autobús por toda Galicia”

“Crearemos un consorcio de transportes entre todas as administracións, Renfe e as principais concesionarias das liñas de autobús para introducir un Abono de Transporte Galego que permita viaxar por toda Galicia en tren ou autobús con tarifa plana”.
 
Esta é unha das propostas que fixo este xoves en Santiago de Compostela o cabeza de lista de Cs ao Parlamento Europeo, Luís Garicano, acompañado polos candidatos de Cidadáns polas catro provincias galegas.
 
Trátase dun consorcio de transportes que xa funciona noutras comunidades autónomas e cidades españolas. “A chegada da alta velocidade a Galicia impulsará as comunicacións en Galicia, para avanzar cara á complementariedade e a intermodalidad do transporte. A posibilidade de viaxar por toda Galicia cunha soa tarxeta recargable fomentará a utilización dos medios de transporte público, o que redundará no beneficio da mobilidade e o medio ambiente.”
 
A proposta de Cidadáns é que haxa distintos abonos para cada medio de transporte (autobús, tren rexional e tren de alta velocidade) ou para unha combinación deles. Existirá un abono provincial cun prezo reducido respecto ao autonómico. Por último, haberá dúas tarifas, a normal e a reducida; esta última incluirá a mozas (<26), parados, familias numerosas (2 ou máis fillos coa reforma que propón Cidadáns) e terceira idade. “propoñemos que o abono autonómico de tarifa reducida que inclúa tren rexional e autobús teña un prezo de 25€”.
 
Doutra banda, criticou que PP e PSOE permitisen durante anos que a peaxe da AP9 fose dos máis altos de España e, “agora que se achegan as eleccións, prometen a transferencia da súa titularidade coma se iso fose cambiar os elevados prezos”
 
Garicano anunciou que “Cidadáns rebaixará os prezos da AP9 para os viaxeiros diarios de tal maneira que haxa un desconto substancial no traxecto de ida e volta. Ademais, faremos que certos tramos sexan gratuítos, principalmente os traxectos dentro das áreas metropolitanas de Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña e Ferrol”.
 
Cs tamén aposta por impulsar o Corredor Atlántico xa que Galicia ten unha localización xeográfica favorable para servir de conexión entre Europa e América e entre os portos do Norte de Europa e África e o Estreito de Xibraltar.
 
“Comprometémonos a impulsar desde Europa e desde o Goberno de España o corredor ferroviario atlántico de mercadorías e conectarémolo cos principais portos galegos: Vigo e A Coruña/Ferrol”, indicou o candidato ao Parlamento.
 
Desde Cs tamén “impulsaremos “un hub de carga área no aeroporto de Santiago, similar aos que se impulsaron en Vitoria ou Zaragoza. Estas infraestruturas axudarán de maneira crave á competitividade das empresas galegas.
 
Para finalizar, Garicano destacou que a infraestrutura ferroviaria que conecta Lugo co resto de Galicia é propia do século XIX. “Por iso, realizaremos melloras na actual rede ferroviaria que conecta Lugo coa Coruña e con Ourense (acceso facía a meseta) co fin de reducir o tempo destes percorridos.”