Luís Garicano: “Desde Europa faremos todo o posible para que se recoñeza o traballo das mariscadoras”

O cabeza de lista de Cs ao Parlamento Europeo e responsable da área de economía do partido, Luís Garicano, estivo este venres con mariscadoras de Boiro, acompañado da cabeza de lista pola Coruña, Marta Rivera.
Publicado por o día 20/04/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Luís Garicano: “Desde Europa faremos todo o posible para que se recoñeza o traballo das mariscadoras”

O cabeza de lista de Cs ao Parlamento Europeo, Luís Garicano, e a candidata pola Coruña, Marta Rivera, denunciaron este venres a situación que viven desde hai anos as mariscadoras por culpa do furtivismo, tras estar con varias destas traballadoras en Boiro.
 
“Preocúpalles o furtivismo e a pouca axuda que reciben @de la Xunta para loitar contra os furtivos”, sinalou Garicano.
 
Tras comprobar en primeira persoa o traballo que realizan, mostrou a súa preocupación xa que as mariscadoras transmitíronlles que “a Xunta e as administracións están contra elas, no canto de estar ao seu lado”.
 
O candidato de Cs ao Parlamento Europeo aseguroulles que “fará todo o posible para o seu traballo sexa recoñecido pola Política Pesqueira e polo Fondo Social, xa que neste momento non lles inclúe”.
 
Tamén lle trasladaron a súa preocupación por “a falta de recoñecemento das enfermidades laborais”.
 
Pola súa banda, Marta Rivera asegurou que “os furtivos lles sacan o pan da boca e non se pode consentir a soidade que senten estas mulleres ante o acoso dos furtivistas”
 
A candidata de Cs pola Coruña entende que é necesario darlle unha volta ao sistema de multas e a súa contía, xa que as mariscadoras “están indefensas ante os furtivos”.