Luís González, novo director xeral de Vitrasa

Publicado por o día 14/09/2019 na sección de Empresas,Galicia,Vigo

Luís González, novo director xeral de Vitrasa

Luís González Ferreño asume a Dirección Xeral de Vitrasa, empresa concesionaria do transporte público na cidade de Vigo. Luís González (51 anos) incorporouse a AVANZA en abril de 2003 como Xerente de Operacións en Benidorm. En 2017 pasou a ocupar a posición de Xerente de Operacións de Levante e, na actualidade, era o Director da División Levante.

Antes de incorporase a AVANZA, desenvolveu a súa actividade profesional noutras empresas de transporte dentro do Grupo SuBús (Alacante) onde ocupou, entre outros, a posición de Director

de Estudos e Proxectos do Grupo. Dentro do Grupo Rober (Selecta) foi Director Técnico das empresas Herdeiros de Gómez e Alhambra Bus.

O novo Director Xeral de Vitrasa cursou estudos de Enxeñería Técnica de Obras Públicas na Universidade de Alacante, especializándose en Construcións Civís, Urbanismo e Transportes.

Luís González asume esta nova etapa profesional con gran ilusión, destacando o importante reto que supón prestar o mellor servizo a unha cidade tan dinámica e de referencia a nivel nacional como é Vigo. “Seguiremos apostando por un servizo de calidade, por unha mobilidade sustentable e á vangarda das últimas tecnoloxías”, apunta Luís González.