Luis Menor e Ovidio Rodeiro participaron na celebración do 25 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

Publicado por o día 02/09/2018 na sección de Galicia,Santiago,Xunta de Galicia

Luis Menor e Ovidio Rodeiro participaron na celebración do 25 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O director xeral Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, participaron nos actos do 25 Aniversario do Aeródromo Militar de Santiago de Compostela.

As xornadas de portas abertas incluíron varias actividades e exhibicións nas que os asistentes seguiron en directo as evolucións dun apagalumes, un F-18 e da Patrulla de Paracaidismo do Exército do Aire. Ademais, puideron visitar unha mostra estática con avións e helicópteros e asistir a exhibicións caninas.