O voceiro de En Marea, Luís Villares, manifeestou a súa preocupación pola realidade laboral de Galicia, despois de que o SEPE fixera públicos os datos do paro de setembro. Villares responsabilizou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e solicitou que se executasen as políticas activas de emprego: ”A única fábrica que funciona ben na Galicia de Feijóo é a fábrica do paro Galicia. Estes datos amosan o fracaso estrepitoso das políticas laborais de Feijóo durante os últimos 10 anos”.
Se os datos brutos resultan preocupantes, a comparativa cos datos do conxunto do Estado é demoledora. Galicia (2’06%) sufre un incremento na súa taxa de desemprego máis de catro veces superior á taxa estatal (0’45%). En total, Galicia conta con 3165 parados máis. A realidade non mellora cando analizamos as afiliacións a SS, posto que en Galicia caen nun 0,71% (7.353 persoas), mentres que no conxunto do estado aumentan nun 0.02% (3.224 afiliado mais). De non cambiar as fórmulas o voceiro anticipou un mal futuro para Galicia: “Durante os anos da crise fomos a comunidade autónoma que máis emprego destruíu, durante a recuperación os que menos emprego creamos e agora somos novamente a que mais emprego destrúe. As consecuencias son nefastas para o noso futuro”.
En Marea reclama que se executen as políticas activas de emprego e as previsións orzamentarias: “Como denunciamos no Debate do Estado da Nación, desde que Feijóo goberna deixaron de executarse 945 millóns de euros en políticas de emprego. O primeiro que solicitamos é se execute o orzamentado e, o segundo, é que na previsión dos orzamentos do ano que vén haxa un cambio na política de emprego da Xunta de Galicia para evitar a continua destrución e a perda de oportunidades, especialmente para a xente moza do noso país” concluíu Villares.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.