Luís Villares acusa á Núñez Feijóo de “estar a desmontar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”

O voceiro de En Marea lamentou o desprezo amosado polo Goberno galego ao non enviar representante algún ao Congreso do Eixo Atlántico celebrado en Braga a semana pasada.
Publicado por o día 12/06/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

Luís Villares acusa á Núñez Feijóo de “estar a desmontar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, acusou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo de “estar a desmontar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, un “espazo natural, económico e social que precisa unha política exterior de infraestruturas e loxística adecuadas que non se entenden sen unha aposta decidida pola Eurorrexión”. “A actuación de Feijóo evidencia o seu desprezo por Portugal, non é unha prioridade para o seu Goberno” asegurou Villares na rolda de prensa dos luns do seu grupo. “Hai un cambio na súa acción exterior para se centrar unicamente con Castela León o que sen dúbida é un grave erro para Galicia e perder unha grande oportunidade. A cidadanía recibe como algo natural a interrelación co norte de Portugal. Unha das probas desta falla de preocupación por parte do Goberno galego quedou en evidencia coa falla de representación algunha por parte do executivo de Núñez Feijóo no Congreso do Eixo Atlántico celebrado en Braga a pasada semana mentres si contou coa presenza entre outros do primeiro Ministro portugués, António Costa. “Como é posible que unha reunión do Eixo atlántico que ten conta parte portuguesa coa presencia do primeiro ministro portugués, o Goberno de Núñez Feijóo opta por non enviar ningún representante por parte da Xunta de Galicia.

Neste encontro estivo tamén En Marea como lembrou Villares, onde tivo a oportunidade de explicar a alternativa defendida, as prioridades de acción exterior de En Marea e compartir así mesmo con primeiro Ministro as políticas impulsadas polo seu Goberno que demostran que se pode acabar coa política de recortes que trae unha recuperación de dereitos sociais e calidade de vida.

A grande operación especulativa do Banco Pastor

Na rolda de prensa ofrecida esta mañá, o voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado no Parlamento de Galicia, Manuel Lago, falaron tamén da venda do Banco Popular-Pastor que os últimos datos coñecidos demostran que “estamos diante dunha grande operación especulativa no que o papel dos accionistas baixistas foi determinante”.

A semana pasada o grupo parlamentario de En Marea puxera enriba da mesa antes incluso de se coñecer a venda do Banco a operación de especulación e a enorme perda para o sistema financeiro galego que suporía esta operación que se confirmo días despois de que o grupo parlamentario o denunciara publicamente no Parlamento. “A operación de liquidación do Popular-Pastor ten graves consecuencias para a sociedade galega. O axuste na rede de oficinas e outros servizos pode supón o peche de moitas delas e o despedimento de centos de persoas” salientou o deputado no Parlamento, Manuel Lago.

Unha operación que contou coa complicidade do Goberno do Estado xa que como explicou Lago, a recente prohibición de operacións baixistas en Liberbank por parte da Comisión Nacional de Valores unha actuación que non se entende porque non mantivo no caso do Banco Popular-Pastor. Esta prohibición provocou que Liberbank tivera un repunte do 31 por cento no seu valor, mentres se permitiu que sete fondos norteamericanos liquidaran o valor da acción do Banco Popular-Pastor.

Neste sentido Manuel Lago denunciou que “BlackRock, o fondo de investimento máis grande do mundo e accionista maioritario do Banco Santander actuou como inversionista á baixa do capital do Pastor que aliado con outros seis fondos de investimento actuaron en contra provocando a desfeita do Banco Popular-Pastor”. “Cales foron os motivos polos que o Goberno do Estado e concretamente o Ministro Luis de Guidos non actuou e durante 3 semanas traballou novamente para Lehman Brothers actuando contra o sexto Banco español e o segundo en Galicia” preguntou o deputado de En Marea.

Por todo isto, o grupo parlamentario de En Marea demanda información exhaustiva sobre a actuación do Goberno e do Ministro así como do papel da antiga dirección da entidade bancaria no proceso e porque o Goberno non impediu esta operación especulativa”. “É inaceptable que este xogo de grandes tabeiróns financeiros teñan liquidado un banco provocando que 300.000 pequenos accionistas, 30.000 deles galegos, perdan todos os seus aforros por culpa destes fondos especulativos que contaron con silencio do Goberno como dos organismos reguladores” concluíu Lago que asegurou que o seu grupo continuará a loitar e denunciar esta “nova estafa
financeira na que unha vez máis gaña a banca e perde á cidadanía.”

Modificación Lei para impedir a imposición de peaxes no recibo da luz

Outro dos temas da rolda de prensa de En Marea centrouse na iniciativa presentada por En Marea na que se solicita a modificación da Lei de enerxía para impedir que o Goberno poda impor peaxes no recibo da luz en Galicia. O voceiro denunciou que Galicia “sendo dos grandes produtores de enerxía eléctrica e exportando 30 por cento da enerxía producida vai ser dos que máis pague por esa produción” ao que se suma que a tributación das empresas non se fai tampouco en Galicia. “Estamos nunha situación inxusta na que nós sufrimos todos os custes de produción da enerxía eléctrica e ademais pretenden impor as consecuencias desa produción unicamente porque tentamos gravar para compensar esa perda ambiental e territorial” declarou Villares que engadiu que esta actuación redúcenos a unha estrutura “practicamente colonial¨.

En Marea propón ante isto a modificación da Lei 24/2913 do sector eléctrico para derrogar a posibilidade do Goberno de impor estas peaxes para o que ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia e levará así mesmo ao Congreso dos Deputados.