Luís Villares advirte a Rajoy que non poderá mentir ante o xuíz como fixo Bárcenas

O portavoz de En Marea considera podía ser o momento de que Bárcenas devolvera o favor a Rajoy mandándolle unha mensaxe na que dixera: “Sé fuerte Mariano“. Por iso, desde En Marea queren tamén trasladar unha mensaxe ao presidente do PP: “Canta claro Mariano“.
Publicado por o día 18/04/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

Luís Villares advirte a Rajoy que non poderá mentir ante o xuíz como fixo Bárcenas

O portavoz de En Marea, Luís Villares, valorou positivamente a decisión da Xustiza de chamar a declarar ao presidente do Partido Popular e presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, polo que considerou o “maior caso de corrupción do Estado español, o caso Gürtel. Villares considera que con decisión da un paso máis cara a coñecer a realidade e advirte a Mariano Rajoy que no seu caso non poderá mentir como fixo Bárcenas xa que no seu caso vai en calidade de testemuña e non como imputado.

A situación é difícil para Rajoy como salientou o portavoz de En Marea, xa que “pode ir ante o xuíz dicindo que non sabia nada pero a pregunta do xuíz será evidente preguntando se non lle parecía raro recibir todos os meses parte do salario nun sobre“, ou que non lle chamara a atención como rexistrador da propiedade que esa parte non vaia despois na declaracións da renda, ou o feito de que o tesoureiro do Partido Popular fora repartindo sobres entre todos os altos cargos do partido. Ou polo contrario, pode optar por recoñecer que era coñecedor do que sucedía, caso no que as preguntas serían aínda máis incómodas xa que tería que dar explicacións sobre os motivos polos que non fixo nada para deter o que estaba a suceder ou porque non denunciou os feitos ante a Fiscalía.

Tal vez neste momento podería asesorarse do seu “discípulo avantaxado Feijóo, o manso, e falar das zonas grises das leis“, pero entón a pregunta do xuíz será evidente como salientou Villares xa que tería que indicar en que parte a lei se volve gris para permitir que as construtoras adxudicatarias de obra publica do PP sexan doadoras de parte dos seus salarios. “En Marea xa o dixo, as zonas grises producen diñeiro negro e sombra moita sombra“ asegurou Villares.

O portavoz de En Marea chanceou dicindo que era o momento de que Bárcenas devolvera o favor a Rajoy mandándolle unha mensaxe na que lle dixera: “Sé fuerte Mariano“. Pero cunha diferencia, Rajoy nesta ocasión estará obrigado a dicir a verdade. Por este motivo, desde En Marea queren tamén trasladar unha mensaxe ao presidente do Partido Popular: “Canta claro Mariano“.