Luís Villares: “A catástrofe do catastrazo ten o nome e apelidos do goberno do PP e vai na liña das políticas de encarecemento da vida no rural”

En Marea considera necesaria unha Fiscalía Anticorrupción para Galicia pois é “inadmisible que que Feijóo diga que hai zonas grises na lei de financiamento de partidos políticos que era as que aproveitaba o PP para financiarse irregularmente”.
Publicado por o día 27/03/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

Luís Villares: “A catástrofe do catastrazo ten  o nome e apelidos do goberno do PP e vai na liña das políticas de encarecemento da vida no rural”

“Nunha situación de crise coma a que estamos vivindo, coa rendas baixando, non é asumible que o catastrazo impoña un aumento da presión fiscal para as familias con independencia das súas circunstancias”. Con estas palabras comezou esta mañá o portavoz parlamentario Luís Villares a rolda de prensa, na que denunciou as sucesivas decisións  políticas do PP “para endurecer e encarecer a vida no medio rural”.

“Xa dixemos no seu día que esta regularización de inmobles tiña que estar adapatada á especificidade galega, pois hai construcións do rural que non supoñen ningunha manifestación de riqueza e están gravando de igual maneira un pendello para acubillar leña ca unha explotación gandeira”, censurou Villares, que recordou que o pasado 25 de novembro o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha iniciativa de En Marea que instaba a unha modificación no texto refundido da Lei de Facendas Locais para obter unha bonificación voluntaria de ata o 90% naquelas vivendas destinadas a residencia habitual en función da renda familiar.

“Queremos sinalar que a reforma do catastrazo ten nome e apelidos, o goberno do Partido  Popular e non poden eximirse da súa responsabilidade”, engadiu o portavoz parlamentario “e non é admisible que se traballe no campo da propagando anunciando unha chuvia de 240 milllóns de euros para o rural, moitos deles procedentes de fondos europeos, e despois se castigue o medio rural galego deste xeito”.

Para Luís Villares “non se pode defender o medio rural cando en paralelo  se están a suprimir rexistros propiedade, os xulgados de paz e os rexistros civís”. Con respecto a estes recortes, En Marea presentou a semana pasada dúas iniciativas para garantir a gratuidade de todos estes servizos e trámites e o mantemento de todo o servizo público no territorio, pois implican para a veciñanza do rural importantes desprazamentos para xestións como a emisión dunha fe de vida ou a tramitación dunha pensión”.

Fiscalía Anticorrupción de Galicia

En Marea volverá solicitar a creación dunha Fiscalía Anticorrupción para Galicia, iniciativa xa presentada e que o PP rexeitou nun dos úlitmos plenos. “Onte o secretario da Unión Progresista de Fiscales, Álvaro García Ortiz, sinalaba os prexuízos de non ter Fiscalía Anticorrupción para Galicia e é posible creala porque xa existe noutras CCAA”, defendeu Villares para quen “o número de casos de corrupción existentes no noso país e a alarma social creada por estes casos de corrupción fan merecente a creación desta Fiscalía que supuxese d emáis medios persoais e materiais para loitar  eficazmente contra a corrupción.”

Para Luís Villares non é admisible que un presidente do PP coma Feijóo saia dicindo pubicamente que hai “zonas grises” na lei de financiamento de partidos políticos “que era as que aproveitaba o PP para financiarse irregularmente. É escándaloso que que poida dicir iso tendo en conta todos os casos de corrupción que ten dentro dunpartido que foi o que aprobou a lei e ao mesmo tempo o que a aproveita para financiarse irregularmente, tal e como recoñeceu o ex senador e sobriño de Fraga e na liña das declaracións de Laureano Oubiña afirmando que financiara con cartos do narcotráfico a Alianza Popular”.

“Ese PP é o mesmo que tamén rexeitou dúas iniciativas de En Marea que ían na liña de loitar contra a corrupción”, denunciou Villares, en alusión á proposta de creación de corpos especializados respondendo á demanda do colectivo de fiscais e xuíces e a solicitude de máis medios humanos e materiais para a Administración de Xustiza.