Luís Villares: “Cómpre aillar politicamente a aqueles que banalizan o machismo. Cómpre aillar a VOX”

O voceiro de En Marea considera que o debate do estado da nación “é o primeiro acto de campaña de Feijóo”.
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de En Marea,Política

Luís Villares: “Cómpre aillar politicamente a aqueles que banalizan o machismo. Cómpre aillar a VOX”

Logo de secundar a o minuto de  silencio convocado polo Parlamento e ao remate da xunta de voceiros da cámara galega, o voceiro de En Marea, Luís Villares, volveu denunciar a inxustiza que supón o machismo e amosou a súa consternación e a súa firme condena ao crime sucedido en Valga no día de onte, onde un home asasinou a tres mulleres. Sobre o vindeiro debate do estado da nación Luís Villares volveu a recriminar a decisión de Feijóo de utilizar o Parlamento segundo os seus intereses e sinalou que “o debate será o primeiro acto de campaña de Feijóo”.

“A situación é dramática e a o asasinato machista é soamente a punta do iceberg dun sistema patriarcal” manifestou Villares para, a continuación, solicitar que sexa considerada como o que é “un dos principais problemas do Estado”. O voceiro subliñou a necesidade de reflexionar politicamente e de tomar medidas valentes para evitar que escenas tan miserables formen parte da vida cotidiana: “non é tempo de simples declaracións. Non tomar decisións neste momento é case de desalmados”.

Como medida principal defendeu o aumento de recursos destinados a prevención e para sacar a víctima do ambiente de represión e poder fomentar ferramentas educativas, de formación, de detección e de reacción. “non todas as situacións rematan en asasinatos porque son detectadas antes. Pero moitas veces non existen recursos suficientes unha vez detectado, incluso nos propios xulgados”. Villares lembrou que existe un pacto de Estado contra a violencia machista e que hai que dotalo de orzamento real para que sexa realmente parte da solución, algo ao que “a situación de bloqueo non axuda”.

O principio de igualdade é un principio reitor da vida pública. Como tal debe estar presente na educación e na conciención social,  e debe estar presente en todos os niveis educativos incluído no universatario “onde non existen materias directas nin unha educación transversal en igualdade”. Villares insistiu na necesidade de traballar por unha conciencia social clara que saiba da importancia de denunciar e que hai unha saída a situación de opresión e violencia na que se atopan inmersas.

Segundo o voceiro para poder defender estas medidas e poder comezar a atallar o problema “compre aillar politicamente a aqueles que banalizan o machismo e a loita contra a violencia machista. Cómpre aillar a VOX como forza politica que fai apoloxía da destrucción da loita contra a violencia de xénero. Hai que eliminar o odio das nosas institucións”.

“Os pactos do PP con VOX banalizan a loitan contra o terrorismo machista e debemos superalo dunha vez por todas” continuou Villares para reclamar un pacto de Estado que aille a VOX e o desconte das ecuacións electorais porque “Non é unha forza política máis”. Tamén apelou ao PP e a C’S para que deixen de lexitimar o discurso de odio e preguntouse “qué estarán pensando os líderes máis moderados do PP. Que estará pensando Feijóo dos socios do Partido Popular da extrema dereita?” e lembrou que o partido xenófobo impediulle ao PP falar de violencia machista, e utilizar ese nome de violencia de violencia intrafamiliar que supón “un retroceso de décadas”.

Debate da Nación

Villares sinalou trala xunta de voceiros que Feijóo está utilzando as “institucións segundo lle convén a el, nin sequera ao seu partido, seguindo os seus directos intereses personais”. As críticas a esta convocatoria teñen dous focos principais, segundo sinalou o voceiro de En Marea, “o uso personalista dunha institución como o Parlamento por parte de Feijóo” e tamén o ninguneo que van padecer as galegas e galegos neste debate porque o interese do presidente da Xunta “non está en Galicia senón en tentar intervir desde aquí na política española”.

Luís Villares apuntou que Feijóo ía utilizar o Parlamento de Galicia para utilizando como fondo da loita entre machos alfa que se está dando na dereita española”. O voceiro sinalou que as galegas e galegos “non nos merecemos que o presidente da Xunta nos utilice como fondo para as súas liortas”.