Lu√≠s Villares critica as declaraci√≥ns Feij√≥o e Puy encomiando os investimentos de Fomento en Galicia xa que nada te√Īen que ver coa realidade

Publicado por o d√≠a 18/12/2017 na sección de En Marea,Pol√≠tica

O voceiro de En Marea cuestionou o optimismo amosado tanto polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto N√ļ√Īez Feij√≥o, como polo portavoz do grupo do PP na C√°mara Galega, Pedro Puy, nas que valoraban positivamente o trato de Fomento con Galicia. Lu√≠s Villares, preguntouse que ter√≠a que pasar para que o PP considere insatisfactorio o trato recibido xa que En Marea non atopa nin unha soa acci√≥n na que se poda ‚Äúsacar peito‚ÄĚ do logrado para o noso pa√≠s. A reduci√≥n dun 30 por cento nos orzamentos en materia de infraestruturas para Galicia, o veto reiterado a simplemente debater o traspaso da AP-9, a negativa a financiar as obras do corredor atl√°ntico, ou a subida das peaxes nun 4 por cento en Galicia son algunhas das probas evidentes que tiran por terra as declaraci√≥ns tanto do presidente como do portavoz popular no Parlamento como destacou Villares.
 
‚ÄúQue √© o que hai que envexar de Feij√≥o, a s√ļa comprobada irrelevancia pol√≠tica?‚ÄĚ preguntou o voceiro de En Marea. ‚ÄúNon temos unha xoia de presidente, sen√≥n un mi√Īaxoia que non √© quen de lle plantar cara ao Ministro De la Serna e como consecuencia todo Galicia est√° a pagar o enfrontamento entre eles‚ÄĚ asegurou.
 
O voceiro de En Marea preguntou tam√©n a quen lle preguntar√≠a Feij√≥o e Puy para ter ese optimismo e alegr√≠a nas s√ļas declaraci√≥ns asegurando que desde logo ‚Äúnon lle preguntaron nin aos transportistas e cidad√°ns que ter√°n que pagar un 4 por cento m√°is nas peaxes, nin aos portos exteriores que est√°n infrautilizados pola falla de conexi√≥n co Estado e Europa, ou aos empresarios que te√Īen que soportar que unha vez m√°is negaran o Corredor atl√°ntico‚ÄĚ, entre outros moitos. ‚ÄúA chispa desa alegr√≠a ven unicamente por que est√°n ebrios da s√ļa maior√≠a absoluta‚ÄĚ asegurou Villares.
 
A GALICIA REAL DA DESIGUALDADE 
 
O voceiro de En Marea asegurou que fronte a esta Galicia imaxinada de Feij√≥o e Puy, existe a Galicia real na que a desigualdade pasa a ser un dos trazos definitorios. Existe as√≠ unha Galicia na que o 50 por cento dos traballadores e traballadoras padecen alg√ļn tipo de precariedade no seu contrato laboral, no que a brecha salarial entre homes e mulleres contin√ļa a medra, no que hai m√°is de 672.000 persoas cobrando menos de 500 euros ao mes de salario, e no que o risco de exclusi√≥n social supera o 25 por cento. ‚Äú¬ŅDe que presume Feij√≥o? Calquera outro o far√≠a mellor que el‚ÄĚ conclu√≠u Villares.
 
EXTREMAR A SEGURIDADE NAS OBRAS DE RANDE
 
O voceiro de En Marea, Lu√≠s Villares, referiuse tam√©n ao √ļltimo accidente laboral rexistrado nas obras da AP-9 en Rande en resposta a unha pregunta da prensa. Villares lembrou que o seu grupo xa puxera o foco de atenci√≥n nas condici√≥ns laborais nestas obras no anterior sinistro que rematou coa vida dun traballador. Xa naquel momento o voceiro de En Marea ante os indicios de que algo non se estaba a facer ben, solicitara que se extremasen as medidas de protecci√≥n e seguridade, petici√≥n que foi reiterada esta ma√Ī√°.
 
‚ÄúNon se pode condicionar a entrega dunha obra a costa da sa√ļde da xente. Galicia ten sa taxas de siniestralidade laboral m√°is alta do Estado‚ÄĚ declarou Lu√≠s Villares.