Luís Villares: “Este será o último venres que os traballadores de Seaga teñan que estar acampados diante de San Caetano. Desde o luns poderán estar dentro do que será a súa Institución“

Publicado por o día 23/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Vigo

Luís Villares: “Este será o último venres que os traballadores de Seaga teñan que estar acampados diante de San Caetano. Desde o luns poderán estar dentro do que será a súa Institución“

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, visitou a primeira hora desta mañá aos traballadores e traballadoras de Seaga acampados diante de San Caetano en reivindicación de melloras das súas condicións laborais e contra a política privatizadora do PP tamén no relativo á loita contra o lume no noso país. “Este será o último venres que os traballadores de Seaga teñan que estar acampados diante de San Caetano porque a partir do vindeiro luns poderán estar dentro do que será a súa institución“ asegurou Villares tras a visita.

En Marea traballará porque os traballadores e traballadoras públicas do noso país teñan unhas condicións laborais xustas e concretamente os traballadores do sector incendios como salientou o seu candidato á presidencia. Así, destacou a necesidade de investir máis en prevención que extinción, ter os montes limpos todo o ano, cunha xente competente como é a xente de Seaga sen ter que recorrer a empresas externas que fagan eses traballo. “E preciso ter unha política de monte activo todo o ano e iso será o que fagamos a partir do vindeiro domingo“ comprometeuse Villares.