Luís Villares a Limia, unha comarca de gran potencial que poñer en valor

Luís Villares destacou a necesidade de desenvolver un plan turístico específico que cree infraestruturas e aloxamentos para que se poda gozar do recurso natural e ao mesmo tempo o aproveitamento do seu potencial económico
Publicado por o día 26/08/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Ourense,Vigo

Luís Villares a Limia, unha comarca de gran potencial que poñer en valor

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia rematou a xornada no día de onte cun Encontro aberto en Xinzo de Limia no que presentou o proxecto de En Marea, que procura poñer en valor os potenciais e realidade produtiva desta comarca, fundamental dentro do marco estratéxico de desenvolvemento da provincia de Ourense.

“A Xunta gobernada pola Marea fará un esforzo para que os pequenos produtores de pataca teña unha mellor sinerxía e mellor transformación do produto e a súa posta no mercado” asegurou Luís Villares. Do mesmo xeito, trasladou o apoio de En Marea ao sector do mel, e comprometeuse a desenvolver as estruturas necesarias para colocar o produto non só no interior senón tamén nos mercados exteriores.

En relación a ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), Luís Villares destacou a necesidade de desenvolver un plan turístico específico que cree infraestruturas e aloxamentos para que se poda gozar do recurso natural e ao mesmo tempo o aproveitamento do seu potencial económico.

En último lugar, o candidato de En Marea quixo destacar os Entroidos de Xinzo e o seu grande potencial que aínda pode ser mellor explotado mellorando por exemplo a xestión do Museo do Entroido, cunha mala xestión que foi denunciada en diversas ocasións.