Luís Villares: “En Marea veu para se quedar. Ábrese un tempo novo no que traballaremos pola defensa das maiorías do país en clave de defensa dos dereitos sociais e do autogoberno“

Publicado por o día 27/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Vigo

Luís Villares: “En Marea veu para se quedar. Ábrese un tempo novo no que traballaremos pola defensa das maiorías do país en clave de defensa dos dereitos sociais e do autogoberno“

Esta tarde reuniuse a Coordinadora nacional de En Marea para analizar os resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia de onte. O portavoz de En Marea, Luís Villares, manifestou o compromiso do grupo de 14 deputados e deputadas elixidos onte polos galegos e galegas para ocupar a segunda forza no Parlamento de Galicia. Así mesmo, Villares salientou a satisfacción de trasladar un proxecto serio e solvente con vocación de futuro, “viñemos para nos quedar! asegurou. Por outra banda, trasladou tamén a  insatisfacción para non acadar responsabilidade de Goberno que era o noso obxectivo pero orgullosos de que “a cidadanía de Galicia nos dera a súa confianza e colocarnos como segunda forza no Parlamento de Galicia e liderar claramente a oposición desde onde se defenderán claramente as maiorías do pais en clave de defensa dereitos sociais, da dignidade nacional de Galicia en clave de autoberno“.

Entre os condicionantes que motivaron aos resultados por debaixo das expectativas marcadas por En Marea, Luís Villares salientou a falla de tempo o que condicionou moito a capacidade de chegar coa nosa mensaxe á cidadanía pero “ábrese un tempo novo no que trasladaremos o noso proxecto para a sociedade e esperamos de aquí en adiante ter o respaldo da maioría social“.

“Os problemas de campaña viñeron entre outras cousas pola pouca capacidade que tivemos de colocar a nosa mensaxe nos medios de comunicación entre outras cousas porque non se nos deu a cobertura propia de AGE que sería a que nos correspondese co que a cobertura informativa foi moito menor da que nos tería correspondido como herdeiros desa oposición.

De todos xeitos sabemos que En Marea é un proxecto político que recolle o mellor das tradicións que incorpora e se agranda aínda máis con todos os movementos municipalistas e cidadán co que a partir de agora traballaremos para chegar a toda a cidadanía“ afirmou Luís Villares. “Somos conscientes de que faltou ese tempo e se o tiveramos esa maioría do PP seguro non tivera sucedido“engadiu.

“Agora corresponde asentar todo o traballo que levamos facendo todos estes meses. Estamos moi satisfeitos de todo o traballo realizado para integrar todo o espazo político de En Marea“ continuou a súa intervención ante os medios de comunicación.

Asi mesmo, informou que unha vez pasadas as eleccións e formación de novo goberno se convocará unha nova asemblea para marcar todo o despregue de En Marea como organización que será de aquí a final de ano.